12/04/21 | 13:17 | C. do Medio Rural; Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes A Xunta impulsa a primeira base aérea transfronteiriza con Portugal para a loita contra os incendios no marco do Interreg
O vicepresidente primeiro recordou que “o lume non entende de fronteiras” e valorou a colaboración institucional que fixo posible esta iniciativa
Pola súa banda, o conselleiro do Medio Rural trasladou que a construción desta base traducirase na axilización da resposta e no aumento da eficacia na loita contra os incendios que se rexistren na fronteira hispano-lusa
O proxecto, no que tamén participan o Goberno portugués e outras institucións de Galicia, Castela e León e Estremadura, suporá un investimento total de máis de 9 millóns de euros
Esta nova instalación permitirá dar unha mellor resposta ao risco nunha ampla área a ambos lados da fronteira, tanto pola súa localización como polas posibilidades de acoller diferentes tipos de aeronaves especializadas