21/12/20 | 11:41 | C. de Facenda e Administración Pública A Xunta prevé que os proxectos de investimento financiados co Fondo Consenso se concreten no primeiro trimestre do ano
O conselleiro de Facenda e Administración Pública subliñou que este fondo ofrece por 1ª vez soporte financeiro para os consensos que se acaden na Comisión de reactivación, cos axentes sociais e cos expertos económicos
Os Orzamentos do vindeiro ano esgotan o teito de gasto e acadan os 11.563 millóns de euros co menor gasto en xuros de débeda dos últimos 25 anos
Reforzan o investimento produtivo con case 2.600 millóns de euros e o gasto social coa cifra récord de 8.540 millóns
Non suben os impostos nin ás familias nin ás empresas e consolidan as maiores rebaixas fiscais aprobadas nos últimos anos pola Xunta
Inclúen ademais catro novos fondos para mobilizar importantes volumes de recursos e acometer os retos aos que se ten que afrontar a comunidade galega