30/11/20 | 17:18 | C. de Sanidade O presuposto da Consellería de Sanidade para o vindeiro ano supera os 4.500 millóns de euros, acadando un novo fito no investimento sanitario
Representa un incremento do 11,6% respecto ao ano 2020
Sanidade xestionará o 40% do total do gasto que a Xunta prevé desenvolver ao longo do vindeiro ano, o que da unha idea do nivel de prioridade que este servizo público supón para a Xunta de Galicia
O gasto en persoal increméntase en 154 millóns, o que supón un 8,5% máis
Duplícanse os fondos para investimentos, pasando dos 175 millóns a máis de 350
En atención primaria, os investimentos recollen un incremento do 108%
O conselleiro tivo unha especial mención para os hospitais comarcais, e estes orzamentos amosan unha clara aposta por potencialos
García Comesaña referiu, así mesmo, unha partida de 60 millóns de euros para renovar o equipamento sanitario
Auméntase, en 1,5 millóns de euros, o gasto destinado a programas de cribado