21/11/20 | 13:31 | C. de Infraestruturas e Mobilidade Ethel Vázquez avanza que os orzamentos da Xunta para 2021 recollen un investimento de case 20 M€ no novo Hospital Público da Coruña e un compromiso total de gasto de máis de 418 millóns
Destaca que o Goberno galego eleva o seu compromiso co “Novo CHUAC” ao máximo rango normativo, plasmándoo no proxecto de Lei de Orzamentos
Salienta os 4,5 millóns consignados para a estación intermodal, co obxectivo de licitar e iniciar as obras o vindeiro ano
As contas de 2021 tamén recollen os recursos necesarios para finalizar as obras do Espazo Amizar, para avanzar na Vía Ártabra ou para executar o desdobramento da avenida da Deputación, de acceso ao polígono de Sabón
Contrapón os Orzamentos máis elevados da historia da Xunta, que superan os 11.500 M€, á rebaixa en máis de 100 M€ dos Presupostos do Estado para Galicia
Lembra o incremento de máis dun 12% na licitación de obra pública por parte da Xunta entre xaneiro e outubro, fronte á caída do 38% das licitacións estatais