03/12/21 | 11:02 | C. de Facenda e Administración Pública A Xunta formaliza a súa segunda emisión de débeda sostible por un importe de 500 millóns de euros
O DOG publica hoxe esta emisión de obrigacións a sete anos cun tipo de xuro do 0,26%
Esta emisión de débeda empregarase para proxectos relacionados co uso ‘verde’ dos recursos, como as enerxías renovables ou a eficiencia enerxética, entre outros
Tamén se poderá destinar á mellora das infraestruturas básicas, o acceso á vivenda ou á xeración de emprego
A operación enmárcase na xestión eficiente da débeda, xa que Galicia é a comunidade que menos aumentou o seu volume de débeda desde 2008