27/07/20 | 14:15 | C. de Facenda e Administración Pública Galicia é a 2ª comunidade onde máis medrou o PIB per cápita en 2019 e acada a maior converxencia en renda con España da serie histórica, un 90,9%
O Instituto Nacional de Estadística (INE) publica hoxe os primeiros datos da Contabilidade Rexional do exercicio 2019
Segundo o INE, en termos constantes o PIB de Galicia medrou en 2019 un 1,93%, o sexto maior aumento de España e cinco centésimas por baixo da media (1,98%)
En prezos correntes o PIB de Galicia medrou un 3,67%, oito centésimas máis que a media española (3,59%)