Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A primeira Asemblea Xeral do Nodo CIBER.gal fai balance das actuacións e avanza novas iniciativas dirixidas ás administracións públicas e empresas
O Nodo CIBER.gal celebrou esta semana a súa primeira Asemblea Xeral, xuntando a todos os seus socios fundadores e membros vinculados ao ecosistema de ciberseguridade de Galicia
A Xunta inicia a execución da estratexia Galicia Retorna 2026 coa que se impulsará o emprendemento, a formación e o emprego de 30.000 galegos do exterior
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantiveron hoxe un encontro para avanzar nos programas de emprego da nova planificación
Gabriel Alén sinala aos obradoiros duais de emprego como unha ferramenta para incrementar as oportunidades laborais das persoas desempregadas
O delegado territorial explicou que no obradoiro de emprego Ribeiro Emprende II a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade inviste 509.987 euros na formación de 20 alumnos – traballadores; 10 no módulo de actividades auxiliares en conservación e mellora dos montes, e outros 10 no módulo de operacións auxiliares de albanelería de fábricas e cubertas
Galicia contribúe á mellora da fabricación de materiais compostos de utilidade no sector marítimo-pesqueiro a través da formación dixital
O Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar participa no proxecto europeo Ditmep, que pretende xerar novas capacidades dixitais sobre as metodoloxías, tanto para formadores como para alumnos
A Xunta ampliará a oferta de actividades de fomento das vocacións científicas en Ferrol para 2023
A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, asistiu esta mañá no CIS Tecnoloxía e Deseño a dous obradoiros do Programa D´tec, nos que participou alumnado de bacharelato do IES Moncho Valcarce
Sergi e Erik Quintela pechan na sede da Xunta o ciclo 'Luz ao Deporte', que chegou a máis de 1.200 escolares lucenses
Deportistas e exdeportistas de primeiro nivel explicáronlles aos rapaces as súas experiencias profesionais e vitais e expuxeron os seus exemplos de superación persoal
Román Rodríguez subliña que a dotación de tecnoloxía aplicada nos centros de FP é unha aposta da Xunta pola innovación e a especialización destas ensinanzas
O titular de Educación do Goberno galego asegura que estes espazos “achegan aínda máis as ensinanzas formativas á realidade laboral e produtiva” e consolidan a FP galega como un sistema de calidade recoñecido a nivel nacional e internacional
A Xunta pon en marcha o Marco Galego de Competencias Dixitais coa Xornada Inaugural do plan de capacitación para o persoal formador na EGAP e na rede CeMIT
A Axencia para a Modernización de Galicia e a Escola Galega de Administración Pública inauguran con este acto a capacitación dos primeiros formadores e formadoras do Marco galego de competencias dixitais
Os centros de investigación acreditados das universidades galegas acadaron os 80 M€ en proxectos competitivos nos últimos tres anos
Román Rodríguez sinala estes centros, aos que se achega case 5M€, como “a xoia da coroa dos nosos proxectos de I+D+i”