20/10/22 | 16:18 | Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes A Xunta inclúe uns investimentos iniciais por 88,1 M€ para o Concello de Pontevedra no proxecto dos Orzamentos autonómicos 2023
O delegado territorial, Luis López, informou das contas para a cidade, que medran un 14% con respecto ás actuacións de 2022, “e cumpren co obxectivo do Goberno galego de adicar 240 M€ en tres anos para completar a modernización de infraestruturas e servizos públicos no municipio”
“A Xunta é a administración que máis inviste, de longo, na cidade, cunha media de 1.060 euros por habitante e ademais as actuacións deseñadas apostan pola sanidade, a seguridade viaria, o saneamento, os servizos sociais, a educación, a vivenda e o deporte”, manifesta
O Hospital Público Gran Montecelo, a residencia de Campolongo, as estradas autonómicas cara Marín e Xeve, o remate do plan de depuración da ría, a rehabilitación do IES Valle Inclán, as obras deportivas e o comezo da restauración do Pazo de Lourizán, principais investimentos