28/07/22 | 19:06 | A Presidencia da Xunta Rueda valora a vontade de avanzar en acordos de interese para Galicia pero advirte a Pedro Sánchez que estará “vixiante” sobre os compromisos adquiridos
O titular do Executivo galego incide na necesidade de que a Administración estatal habilite axudas para a reconstrución das zonas máis afectadas polos incendios deste mes de xullo
Valora a predisposición a atender con fondos europeos as necesidades de financiamento de proxectos como o de Altri en Palas de Rei ou o de Stellantis en Vigo
Recorda que o Goberno central ten as competencias para aliviar as causas da falta de médicos en atención primaria
Destaca o compromiso da creación de mesas de seguimento para a chegada dos trens Avril a Galicia e da solución ao viaduto derrubado na A-6
Lamenta a “negativa rotunda” do Goberno central á transferencia da xestión do litoral e considera que é “difícil de entender” cando acaba de concederlla á Comunidade Autónoma de Canarias