16/06/22 | 14:33 | A Presidencia da Xunta O presidente da Xunta avanza a autorización da sinatura do convenio co Executivo central para executar o Plan para o acceso á Vivenda 2022-2025, cun orzamento de 106 M€
Subliña que, destes programas, os 4 que se convocarán no mes de xullo son as axudas directas ao alugueiro, os incentivos para compra de vivenda en concellos de menos de 10.000 habitantes, o bono de alugueiro social e as axudas de accesibilidade
Así mesmo, indica que a finais deste ano se porá en marcha un programa para a promoción de aloxamentos dirixidos a persoas maiores ou con algunha discapacidade e outro para promover solucións residenciais como vivendas cooperativas ou tipo ‘cohousing’
As liñas incluídas no plan virán completar o amplo abano de subvencións, incentivos e préstamos que xestionará o Instituto Galego da Vivenda e Solo ao longo de 2022, ata sumar un total de preto de 160 M€