30/11/22 | 11:59 A Xunta destaca o traballo das mesas locais contra a violencia de xénero, que traballan en 44 concellos da provincia de Pontevedra
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, e a subdirectora xeral para o Tratamento da Violencia de Xénero, Patricia López, inauguraron esta mañá as Xornadas de divulgación da Diagnose e Boas Prácticas destas entidades no edificio administrativo
O representante autonómico cualificou de fundamental “o traballo de coordinación entre todas as institucións, xa que incrementa moito a eficacia na prevención, e facilita atender ás vítimas en todos os ámbitos, dende a seguridade ata aspectos sanitarios, residenciais ou económicos”
A provincia de Pontevedra ten constituídas 29 mesas locais contra a violencia de xénero, das que dúas son mancomunadas entre varios concellos, e conta coa maior participación de entidades de toda Galicia nesta materia, alcanzando um 73% de iniciativas o pasado ano