22/11/22 | 14:30 A Xunta reforzará e ampliará os recursos para as vítimas da violencia de xénero cun orzamento para combater esta lacra que sube o 14% ata os 20,5 M€
A conselleira da Igualdade, María Jesús Lorenzana, compareceu hoxe a petición propia no Parlamento de Galicia para poñer en valor os recursos e esforzos da Xunta contra a violencia de xénero e apoio ás súas vítimas en todos os ámbitos
Anunciou a creación de centros de crise nas áreas sanitarias para a atención 24x7 das vítimas da violencia sexual
Puxo en valor o traballo dos Centros de Información á Muller na atención de proximidade ás vítimas da violencia de xénero, que verán reforzados os seus apoios para mellorar as súas infraestruturas
Lorenzana reclamou consenso para a nova Lei galega de igualdade en tramitación que protexerá ás mulleres de discriminacións múltiples, de ataques dixitais, recoñecerá o benestar laboral e creará un estatuto das mulleres rurais e do mar