14/11/22 | 11:42 A Xunta desenvolve unha macroenquisa sobre a percepción e actitudes da mocidade respecto da violencia de xénero e as agresións sexuais
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, avanza na inauguración da IV Xornada de sensibilización e prevención da violencia sexual na mocidade que o estudo centrarase en idades temperás, dos 12 ata os 18 anos
O obxectivo é detectar onde se debe poñer o foco para previr e desmontar roles, ideas e estereotipos desde a raíz
Anunciou tamén que o Goberno galego propón incluír entre as formas de violencia de xénero a explotación sexual e, polo tanto, nas prestacións económicas correspondentes ás vítimas
Lorenzana pon en valor a xornada celebrada hoxe en Santiago de Compostela, en colaboración coas tres universidades galegas, para avanzar “nunha sociedade concienciada e implicada”