09/11/22 | 18:37 A Xunta incrementará o orzamento de Igualdade nun 41,44 % en 2023 ata chegar aos 44,5 M€ para manter e ampliar os recursos fronte á violencia de xénero
A consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, destacou hoxe no Parlamento que o investimento para a Rede de centros de información á muller crecerá un 3%
Crearase con 1,4M€ unha nova liña de axudas para apoiar aos concellos na mellora das infraestruturas e equipamentos dos Centros de Información á Muller (CIM)
Lorenzana sinala como clave intensificar a formación que recibe o persoal traballador destes centros e doutros axentes imprescindibles na detección de casos de violencia de xénero
Afirma que o Goberno galego incluirá en 2023 entre as formas de violencia de xénero a explotación sexual