Hemeroteca

Novas publicadas hai máis de seis meses

Novas publicadas hai máis de seis meses
Ten dispoñibles para consulta 9114 novas da área temática Infraestruturas :
Feijóo: “porque Galicia fixo os seus deberes e ten unhas contas saneadas, hoxe podemos materializar 170 millóns de euros para mellorar as posibilidades económicas, o benestar social e, en definitiva, a calidade de vida do medio rural”
07/05/12 | 18:24  | A Presidencia da Xunta

Feijóo: “porque Galicia fixo os seus deberes e ten unhas contas saneadas, hoxe podemos materializar 170 millóns de euros para mellorar as posibilidades económicas, o benestar social e, en definitiva, a calidade de vida do medio rural”

Di que o esforzo de responsabilidade, de priorización, de coordinación e de rigor permitiu desbloquear “un asunto fundamental para o rural galego” e sostén que ese debe ser o camiño a seguir no resto de asuntos que marcan a axenda de colaboración entre a Xunta e o Ministerio

Lembra que o Goberno galego delimitou un total de 12 zonas rurais –Rías Altas e Arco Ártabro, Terras de Santiago, Costa da Morte, As Mariñas, Lugo Central, Lugo Sur, Montaña lucense, Miño Central, Valdeorras, Depresións Ourensás e Terras do Sil, Pontevedra Norte e Rías Baixas, Pontevedra Este e Terras do Miño-; e para cada unha delas elaborou un plan de zona

Precisa que case a metade das inversións estarán dirixidas a emprego e benestar no rural; máis do 30% a infraestruturas e equipamentos básicos; e case o 19% a inversións para a protección do medio ambiente

“Este convenio, cunha inversión de 170 millóns para os próximos catro anos é para nós unha esperanza de emprego, de benestar e de oportunidades”, reitera

O responsable autonómico analizou, tamén, co ministro a situación do sector lácteo e do sector pesqueiro

Transmite o agradecemento da Xunta polo compromiso explícito de colaborar na recuperación das Fragas do Eume afectadas polo lume

Arias Cañete e Feijóo repasaron, amais, as principais actuacións pendentes nas que ambas as dúas administracións seguirán traballando nas próximas semanas como a depuradora de Vigo; a EDAR de Ourense; a EDAR de Santiago; e as obras para completar o saneamento da Ría de Ferrol e a rexeneración da Ría do Burgo

Busca avanzada
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados
Ordenar
Número de resultados por páxina: