29/12/21 | 13:39 | C. de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades A Cidade da Cultura pecha 2021 cun máximo histórico con 230.000 participantes en actividades culturais
O balance mellora o de 2019, último ano anterior á pandemia, a pesar das restricións sanitarias que obrigaron a reducir a capacidade máxima de público
Este récord explícase en boa medida pola itinerancia de exposicións, o incremento da programación online e o éxito de mostras como ‘Faraón. Rei de Exipto’
O Gaiás despide o ano cun total de 1.183.263 visitas, sen que se contabilicen neste número as máis de 600.000 derivadas da localización do centro de vacinación
A Cidade da Cultura recupera a súa capacidade de organizar eventos institucionais, empresariais ou sociais e chega aos 380, 100 máis que o ano pasado