18/10/21 | 13:30 | C. de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades O Centro Dramático Galego e a Asociación de Actores e Actrices ofrecen unha lectura dramatizada do texto gañador da bolsa de dramaturxia e creación
Alba Loureiro, María Barcala e Nacho Castaño interpretarán Relato para un incendio, do dramaturgo Ernesto Is, mañá martes no Salón Teatro de Santiago ás 20,00 h.
A sesión estará aberta ao público xeral e dirixida especialmente ás persoas e compañías interesadas en levar a escena a peza en coprodución coa unidade teatral da Xunta, para o que se achega unha axuda de ata 12.000 euros
A Bolsa de Dramaturxia e Creación está impulsada polo Goberno autonómico co apoio do sector teatral galego a prol do acompañamento integral dunha obra, desde a escrita ata a produción e distribución