28/09/21 | 13:41 | C. de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades A Xunta e a RAG impulsan a nova edición de ‘Toponimízate’, a campaña que divulga o valor da toponimia polos concellos galegos
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o presidente da Real Academia Galega (RAG), Víctor F. Freixanes, presentan o regreso deste programa que inclúe como novidades sesións telemáticas en directo e obradoiros de memoria
Ortigueira, Triacastela, Carnota, Outeiro de Rei, Meaño, O Barco de Valdeorras e Marín son os oito concellos da Rede de Dinamización Lingüística polos que pasarán as charlas desta cuarta edición, aos que tamén se suma o concello do Irixo
Darase a coñecer a orixe e significado dos nomes dos concellos e as súas parroquias e presentaráselle ao público o funcionamento da aplicación Galicia Nomeada