Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Xunta e Pymar colaboran para posicionar a candidatura galega no reparto dos fondos europeos ao Perte Naval
Conde explica que o que se fai é activar unha xanela única que permitirá a comunicación directa coas empresas á hora de xestionar as iniciativas que se vaian presentando desde Galicia para optar a estas axudas
A Xunta enxalza o potencial económico dos portos galegos que xeran 900 M€ anuais e 26.000 empregos directos
Rosa Quintana subliñou que esta actividade dos 122 peiraos de titularidade autonómica é froito dos importantes investimentos realizados polo Goberno galego e o sector privado
A Xunta e o Concello de Sanxenxo ultiman os detalles para a ampliación do prazo da concesión do porto deportivo Nauta Sanxenxo
Ambas administracións mantiveron unha reunión de traballo na que constataron a situación de inseguridade xurídica creada polo Goberno central sobre as concesións autonómicas que ocupan solo portuario adscrito
A Xunta traballa na prestación dun servizo de práctico no porto de Cee que sexa sostible desde o punto de vista técnico e económico
A conselleira do Mar lembra que este peirao recibe unha media dun barco cada cinco días, o que obriga a Portos de Galicia a aboar compensacións ao práctico por non chegar aos ingresos mínimos fixados no contrato
Preto do 80 % das confrarías de pescadores de Galicia revalidan no cargo ás súas patroas e patróns maiores
Hoxe foron proclamados definitivamente os representantes elixidos por 62 entidades do sector nas eleccións do pasado 29 de outubro
A Xunta e o Club Náutico Illa da Toxa analizan a situación derivada da nova taxa do estado nesta concesión náutica
Portos de Galicia e a entidade recreativa estudian as vías para o desbloqueo da ampliación do porto deportivo onde Costas pretende impoñer un canon na superficie adscrita ao porto, de competencia autonómica por transferencia no Estatuto de Autonomía
A Xunta ve necesario contar con datos científicos actualizados para tomar decisións adaptadas á realidade do sector marítimo-pesqueiro
Rosa Quintana sinalou que o veto á pesca de fondo establecido pola Comisión Europea é unha medida arbitraria e sen base científica que difire co equilibrio entre os aspectos medioambientais, económicos e sociais que defende a Política Pesqueira Común
Galicia realizou na última década máis dun cento de exercicios de loita contra a contaminación mariña para testar os seus medios e optimizar a coordinación
O exercicio permitiu testar a capacidade de resposta dos medios galegos ante o risco de contaminación pola suposta colisión dun buque quimiqueiro cun pesqueiro
A Xunta destina 1,45 M€ nos Orzamentos de 2023 para a construción dunha estrutura flotante no Parrote da Coruña que permita o baño e o recreo náutico
O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes e o presidente da Autoridade Portuaria avanzaron que o convenio de colaboración entre ambas entidades se aprobará mañá para iniciar as obras o vindeiro ano