29/07/22 | 15:09 | C. de Sanidade A Xunta destina 4 millóns de euros para que os concellos galegos desenvolvan programas de axuda a persoas con trastornos aditivos nas unidades asistenciais de drogodependencias
O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes e mais o de Sanidade asinaron hoxe o convenio de colaboración co presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), representante dos concellos con servizos de atención sanitaria, para contribuir a manter a accesibilidade dos galegos e galegas a estes programas terapéuticos
O acordo, que supón a continuidade da liña de colaboración establecida dende o ano 2014, supera por primeira vez os 4 millóns de euros
A Xunta destina en 2022 11,4 millóns de euros á atención ás adiccións dende equipos multidisciplinares, 500.000 euros máis que o ano pasado