18/12/22 | 11:00 | C. de Sanidade O sistema de xestión integral da demanda en equipo de Sergas superá xa o millón de consultas tramitadas
Antes de que remate 2022, o XIDE estará implantado en 246 centros de saúde (53% do total do Sergas), xestionando xa as citas de 1.917.294 galegos (73% da poboación)
Os resultados obtidos até o de agora, amosan que a efectividade do XIDE se traduce principalmente nunha redución media do 40% nas citas forzadas nas axendas dos médicos de familia
Desde a súa posta en marcha, os motivos de consulta máis frecuentes foron: a renovación de receitas (12,8%), a realización de analíticas/extracción (10,3%), e coñecer o resultado de analíticas (10,1%)