10/12/22 | 10:50 | Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes A Policía Autonómica reforza este ano a súa loita contra o furtivismo cun aumento de inspeccións, rexistros e denuncias
Os axentes do Equipo de Resposta Policial, o Grupo ERPOL, en colaboración coa Consellería do Mar, tramitaron 1.229 denuncias e realizaron 1.658 rexistros de vehículos e 1.082 inspeccións, con 73 persoas investigadas ou detidas como resultado.
Cómpre salientar o labor do equipo de especialistas en actividades subacuáticas, creado hai un ano para a impedir o furtivismo e protexer os recursos mariños