Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 322 novas da área temática Territorio:

29/12/22 | 14:22 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca as axudas do Plan Leader cun orzamento de 15,3 millóns de euros para as anualidades de 2023 e 2024

Trátase da sexta e última convocatoria do período Leader 2014-2020, que en conxunto supoñen unha axuda pública de 90,3 millóns de euros

25/12/22 | 10:30

A Xunta concede ao Concello da Laracha un préstamo sen xuros por 712.000 € para rehabilitar a casa reitoral de Montemaior e destinala a albergue

Na convocatoria deste ano do Fondo de cooperación para rehabilitación e conservación do patrimonio construído asináronse xa 26 convenios con 16 concellos por 5,42 M€

16/12/22 | 13:47

A Xunta e o concello de Val do Dubra mellorarán a seguridade viaria da estrada entre Portomouro e Santa Comba cun investimento de 418.000 €

O Goberno galego destinará 8,6 M€ en 2023 a seguir apoiando ás entidades locais na execución deste tipo de obras, un 23% máis que o orzamento reservado a tal fin en 2022

16/12/22 | 10:54 | C. do Medio Rural

A Xunta aproba as guías definitivas de ordenación produtiva cos usos máis idóneos para as aldeas modelo de Osmo en Cenlle e de Muimenta en Carballeda de Avia

Os produtores interesados en incorporarse a algunha destas aldeas poden consultar as guías nos taboleiros de anuncios dos concellos pertinentes ou na Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

15/12/22 | 13:16

A Xunta convoca axudas para paliar os danos ocasionados polo oso pardo ao sector agrogandeiro por un importe de 60.000 €

Os beneficiarios desta convocatoria son os titulares de explotacións inscritos no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (Rega), así como os propietarios de colmeas

14/12/22 | 20:30 | A Presidencia da Xunta

Rueda destaca que os orzamentos da Xunta para 2023 reservan case 177 M€ para políticas de vivenda e solo empresarial, un 10,5% máis que este ano

Subliña que o obxectivo estratéxico do Goberno galego pasa por poñer á disposición da cidadanía 1.200 vivendas públicas máis

14/12/22 | 13:28 | C. do Medio Rural

A Xunta remata a parcelaria de Mondoñedo Norte tras reorganizar unha superficie de máis de 800 hectáreas e investir máis de 2,2 millóns de euros

José González destacou que, grazas a este traballo, a superficie media das parcelas triplicouse, pasando de 1.525 a 5.746 metros cadrados e de 5.317 predios a 1.335 parcelas finais

02/12/22 | 15:12 | C. do Medio Rural

A Xunta inviste preto de 50.000 euros na mellora da rede viaria dos lugares da Falmega e do Curro, no concello coruñés de Oroso

A axuda foi concedida ao abeiro do Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas