12/12/22 | 13:44 | C. de Infraestruturas e Mobilidade A Xunta recibe 4 ofertas para a mellora de 32 paradas de autobús nos concellos da Laracha, Arteixo e Carballo, cun investimento de 1,3 M€
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade prevé iniciar estas obras ao longo da estrada autonómica AC-552 na primavera, cun prazo de execución de 12 meses
A Xunta ten como obxectivo fomentar o acceso ás cidades en transporte público, dotando as paradas de autobús de maior seguridade e accesibilidade, instalando marquesiñas, postes, bancos e o apoio isquiático
Mellorarase a accesibilidade para peóns e persoas con mobilidade reducida e reforzarase a seguridade das paradas, tamén con perspectiva de xénero, coa eliminación de vexetación, a mellora da visibilidade e iluminación na súa contorna