26/11/22 | 16:28 | C. de Infraestruturas e Mobilidade A Xunta demanda ao Goberno de España que aposte polo equilibrio territorial e manteña en 2023 os descontos nos billetes de autobús, ao igual que fará co ferrocarril
Vázquez Mourelle subliña que Galicia precisa servizos de tren competitivos, pero só a combinación co autobús poderá garantir a mobilidade dos galegos, vivan onde vivan
Destaca que a Xunta activou o 1 de setembro un desconto do 50% no prezo dos billetes de autobús, aumentando un 23% o número de viaxeiros a data de 31 de outubro
Avanza que a Xunta seguirá o vindeiro ano coas axudas para paliar o prezo dos carburantes no sector, cunha partida de 3,5 M€, ao igual que no presente exercicio, como así recollen as contas autonómicas
Salienta que os Orzamentos da Xunta para 2023 destinan máis de 90 M€ ao transporte público, financiando o 76% do seu custo para os usuarios, que só deben achegar 24% e o 0% no caso dos menores de 21
Pon en valor a tarxeta Xente Nova da Xunta, coa que 130.000 mozos menores de 21 anos viaxan gratis nos autobuses interurbanos por toda Galicia, contribuíndo á economía das familias