08/11/22 | 13:11 | Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes A Xunta impulsa tres aparcadoiros disuasorios gratuítos con máis de 200 prazas na periferia de Vilagarcía de Arousa, Caldas de Reis e Ribadumia
O delegado territorial en Pontevedra, Luis López, informou de que este proxecto, que se somete desde hoxe a información pública, suporá un investimento de case 1,7 M€
Estes espazos de estacionamento pretenden favorecer o emprego do vehículo compartido e reducir a presenza dos vehículos nos centros das vilas e cidades, reducindo as emisións e favorecendo a calidade de vida
Os aparcadoiros crearanse na contorna da VG-4.3 na zona de Coruxo, en Vilagarcía; nas inmediacións da AG-41 en Barrantes, no Concello de Ribadumia; e na estrada autonómica PO-305 preto de Saiar, no municipio de Caldas de Reis