23/10/22 | 10:00 | C. de Infraestruturas e Mobilidade A Xunta inicia o luns traballos de roza e limpeza nas marxes da estrada OU-536 ao paso polos concellos do Pereiro de Aguiar, Xunqueira de Espadanedo, Castro Caldelas, Montederramo e a Rúa
Realizaranse estas intervencións na estrada OU-536, nos municipios do Pereiro de Aguiar, Esgos, Xunqueira de Espadanedo, Castro Caldelas e Montederramo; e en dúas rotondas da desta mesma vía no concello da Rúa
Proseguirán os traballos na AC-102, ao seu paso por Cerdido, na provincia da Coruña; e na vía de altas prestacións CG 2.2 ao seu paso polos municipios lucenses do Páramo e Sarria
Tamén se continuará traballando na OU-212 ao seu paso por Beariz, Avión, Leiro, Carballeda de Avia e Beade; na OU-504 no Carballiño, Maside e Leiro; na OU-403 e OU-402 en Ribadavia, Castrelo de Miño e Ourense; e na OU-510, en Ourense