22/09/22 | 14:38 | Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes A Xunta realizará actuacións de mellora da seguridade na rede viaria autonómica no entorno dos Camiños de Santiago ao seu paso polos concellos coruñeses de Boimorto, Arzúa, Sobrado, Cabanas e Cambre
Trenor visitou as actuacións que se están levando a cabo en Boimorto no cruce da estrada AC-934 que consisten na instalación de delimitadores na marxe esquerda da vía
O obxectivo é reforzar a seguridade viaria e a accesibilidade nos cruzamentos das estradas autonómicas coas rutas xacobeas, ou nos treitos da traza coincidentes, para favorecer unha mobilidade máis cómoda e segura para peregrinos e veciños
No seu conxunto, a Xunta desenvolverá 39 novas actuacións nos distintos camiños e trazados das rutas xacobeas ao seu paso por tres provincias por importe de 1,8 M€
Dáse continuidade ao programa impulsado o pasado ano pola Xunta na traza dos Camiños, na que se executaron 70 actuacións e ás que se destinou un investimento de 1,4 M€
Estas intervencións enmárcanse no esforzo da Xunta por mellorar a seguridade viaria dos Camiños de Santiago, cun investimento nos últimos anos de 4,9 M€, ademais dos 12,6 M€ das actuacións rematadas nas entradas das rutas xacobeas en Compostela