21/12/22 | 20:13 | Axencia de Turismo de Galicia; A Presidencia da Xunta Rueda agradece a Vázquez Portomeñe que conducira o Camiño ao seu rexurdimento para engrandecer a Galicia e facer dela unha orixe e un destino universal
Salienta a sabedoría do novo Embaixador do Camiño por facer da ruta unha metáfora da evolución de Europa cara unha maior integración baseada en metas comúns
O homenaxeado, figura clave dos inicios do autogoberno galego, súmase a unha nómina de persoeiros da que forman parte o rei Felipe VI, o rei emérito Juan Carlos I, Mariano Rajoy, Vicente del Bosque e Carlos Herrera, ademais de institucións como o Consello de Europa