26/11/22 | 17:00 | Secretaría Xeral de Emigración Miranda destaca o labor en prol dos galegos do tenente xeneral José Rodríguez García, Anduriña de Ouro do Lar Galego de Sevilla no 2022
O secretario xeral da Emigración asistiu aos actos organizados polo centro galego na capital andaluza co gallo da celebración do seu 66 aniversario
Rodríguez Miranda tamén felicitou ao escritor ferrolán Miguel Ángel Alonso Fernández, por gañar o premio literario anual que organiza esta entidade “María Teresa Rodríguez”
Durante o acto, entregouse unha insignia de ouro a Florencio Doiro, polos seus 50 anos na asociación, e os diplomas de honra polos seus 40 anos como socios do Lar Gallego aos doutores Ricardo Juan Vázquez Albertino e Alfonso Descalzo Señorán