10/11/22 | 18:33 | C. de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades A Xunta reúne a mestres como Hockney, Turner, Constable, Rousseau ou Courbet para pechar 2022 coa maior exposición internacional deste Xacobeo
‘Camiños creativos’ é unha das principais citas expositivas deste outono en España e exhibe na Cidade da Cultura máis dun centenar de obras do século XVIII ata a actualidade procedentes dunha trintena de museos e coleccións de Europa
O conselleiro pon de relevo a dimensión internacional dun proxecto con pezas procedentes da Galería Uffizi de Florencia, a Thyssen-Bornemisza Art Contemporary de Viena, a British Library, a Courtauld Gallery de Londres ou o Museo do Prado
A que será a última grande exposición internacional deste Ano Santo artéllase arredor do concepto de camiñar para crear e a relación entre desprazamento e arte
Comisariada pola galega Monserrat Pis Marcos, ‘Camiños creativos’ inclúe obras de grandes mestres da pintura, pero tamén instalacións de referentes da creación actual como Cristina Iglesias, Jesús Rafael Soto, Marina Abramovic ou Mona Hatoum