22/09/22 | 14:48 | Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes Gabriel Alén gaba a programación cultural do Xacobeo 21 - 22 por amosar a riqueza turística de Galicia
O delegado territorial subliñou que a Xunta apoia esta iniciativa baixo o paraugas do Xacobeo co obxectivo de converter a Galicia en referente e epicentro da maxia a nivel mundial e, ao mesmo tempo, levar e encher de ilusión toda a comunidade nestes tempos difíciles
A programación do festival contempla tamén 7 grandes galas internacionais de maxia coa presenza dos mellores magos e magas do mundo, que en Ourense se desenvolverá o 1 de outubro
Así mesmo, as funcións Maxia na Rúa: Maxia no Camiño, que se levan a cabo nos concellos de Barbadás, Ribadavia, O Barco de Valdeorras, A Rúa, O Carballiño, Coles, Celanova Maceda, Pereiro de Aguiar, Leiro, Maside, San Cibrao das Viñas, Verín e Xinzo de Limia
Tamén a gala, Maxia Solidaria, o 30 e 31 de setembro na Unidade de Pediatría do CHOU, destinado aos rapaces e parazas que polas súa circunstancias non poden acudir ao espectáculo