28/12/22 | 12:28 | C. de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades Oito centros de ensino de Galicia, recoñecidos polas súas boas prácticas en materia de inclusión educativa
A Xunta instaurou estes premios co obxectivo de impulsar, difundir e compartir accións de atención á diversidade nas aulas
Na categoría de Infantil e Primaria resultaron galardoados os colexios do Foxo (A Estrada), Plurilingüe Domaio (Moaña), Plurilingüe de Monforte de Lemos e o Centro de Educación Especial A Barcia (Santiago de Compostela)
Na modalidade de Secundaria, Bacharelato e FP os premios recaeron nos institutos Fernando Blanco (Cee) e Sanxillao (Lugo), o Centro de FP Paseo das Pontes (A Coruña) e o instituto Valadares (Vigo)