02/08/22 | 14:56 A Xunta financia o programa Oímbra verán de apoio á conciliación das familias galegas no que participan 40 nenas e nenos de entre 3 e 14 anos
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe as actividades que se desenvolven nesta iniciativa, que a Administración galega apoia con máis de 50.000 euros desde 2015
O Goberno galego destinou este ano a estas axudas 1,4 millóns en toda Galicia dos que máis de 450.000 euros investíronse na provincia de Ourense, o que permitiu financiar 28 programas de conciliación chegando a 41 concellos e 1.049 familias
Lorenzana destacou que a nova Lei autonómica para a igualdade efectiva entre mulleres e homes fai fincapé na igualdade e no benestar laboral, así como na importancia da conciliación da vida persoal e profesional
Avanzou que no segundo semestre deste ano está previsto finalizar a avaliación completa do I Plan Galego de Conciliación e Corresponsabilidade (2018-2021) e presentar o II Plan, que terá unha vixencia ata 2027