18/07/22 | 11:13 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia Máis do 91% dos rapaces e rapazas galegas de 5 a 15 anos emprega dispositivos dixitais
A porcentaxe ascende a preto do 99% na franxa de idade de 10 a 15 anos
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia publica hoxe o informe “Rapaciñ@s dixitais”
Máis do 90% de rapaciñ@s accederon algunha vez a internet e o 88,7% fíxoo nos tres últimos meses, un 2,5% máis que en 2020
O 78,5% de rapaciñ@s de 10 a 15 anos navegan por internet polo menos 5 días á semana
Promover unha capacitación dixital de familias, menores e docentes que garantía un uso seguro e responsable da tecnoloxía é un dos obxectivos do Marco galego de competencias dixitais
No curso 2020-21, Galicia situouse no terceiro posto a nivel estatal na ratio de ordenadores por alumno nos centros educativos
Galicia ocupa o primeiro posto en porcentaxe de centros educativos que dispoñen de Entornos Virtuais de Aprendizaxe, mellorando a media estatal en 22,4 puntos porcentuais