11/11/22 | 14:14 | C. de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades Román Rodríguez salienta o bo arranque da campaña do Bono Cultura da Xunta que leva mobilizados máis de 200.000 € na súa primeira semana
No Día das Librerías, o conselleiro de Cultura visita a librería Cronopios e fai balance dos primeiros días da iniciativa de descontos do Goberno autonómico
Subliña que hai xa máis de 500 empresas adheridas e anima ao sector a seguir sumándose xa que o prazo para os profesionais está aberto ata o 14 de novembro
Os descontos poden empregarse na compra de libros, música, películas en formato físico, entradas para museos, cines, concertos ou espectáculos escénicos, entre outros