28/10/22 | 14:32 | C. de Política Social e Xuventude A Xunta recoñece os mellores traballos en fotografía e artes plásticas do Xuventude Crea 2022
A ourensá Yael de Lorenzo Lamas coa obra ‘Mocidade’ e a proposta escultórica ‘Co-merse o mundo’ do estradense Iago Fernández Díaz foron os vencedores desta edi-ción
O certame leva premiados nos últimos trece anos a máis de 4000 mozos e mozas e preto de 3000 obras e proxectos creativos
Nesta edición de 2022 participan 350 artistas con 280 obras que volverán a contar con todo o apoio da Administración autonómica
Entréganse premios en metálico de entre 3000 e 1000 euros e ofrécese a posibilida-de de que a xuventude expoña e dea a coñecer as súas obras
As categorías que se galardoan, ademais de Fotografía e Artes Plásticas, son: teatro, música, novela curta, poesía, videocreación, banda deseñada, arte urbana, moda, de-seño de xoias, cociña, danza moderna e creación de videoxogos