31/08/21 | 12:52 | C. de Infraestruturas e Mobilidade Ethel Vázquez destaca que case 2.400 mozos de Bergantiños viaxan gratis por toda Galicia coa tarxeta Xente Nova da Xunta
Explica que un rapaz de Carballo que empregue o transporte público da Xunta para ir estudar á Coruña aforrará 1.260 euros ano, e 1.200 euros se se despraza a Santiago, empregando este dispositivo
Subliña que coa Xente Nova todos os mozos galegos menores de 21 anos, vivan onde vivan, teñen dereito a realizar ata 60 viaxes ao mes de balde en calquera das máis de 3.300 liñas de autobús renovadas que xestiona a Xunta
Salienta que desde a extensión da Xente Nova a toda Galicia, o pasado 21 de maio, o número de tarxetas expedidas se ten incrementado de xeito espectacular, o que pon de manifesto o acerto da medida