Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 344 novas da área temática Xuventude:

29/12/22 | 15:23 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

Rueda avanza a autorización do convenio para desenvolver a estación intermodal de Lugo, que suporá un investimento global de case 50 M€

Apela que as novas infraestruturas “veñan acompañadas dunha modernización das conexións ferroviarias con Lugo”

29/12/22 | 13:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta manterá o desconto do 50% nos autobuses autonómicos, no transporte da ría de Vigo e no tren na área de Ferrol a partir do vindeiro 1 de xaneiro

O Consello da Xunta xa adoptou a semana pasada a decisión de manter a rebaixa do 50% no transporte público autonómico sempre e canto o Goberno central mantivese o desconto estatal

28/12/22 | 17:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta impulsa a mobilidade sostible con 476.000 € en axudas para a adquisición de 952 bicicletas eléctricas na provincia de Pontevedra

O delegado territorial, Luis López, informou do balance desta convocatoria do programa EBici en Motor Bike Pontevedra, un dos 130 establecementos galegos adheridos a esta iniciativa

28/12/22 | 10:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta somete a información pública a mellora de 66 paradas de autobús nos concellos da Coruña, Arteixo, Culleredo, Carballo, Cerceda, Malpica e Ponteceso

Trenor informou que esta intervención suporá un investimento autonómico de 1,8 millóns de euros

Mellorarase a seguridade e a comodidade das paradas, nas que se instalarán marquesiñas, postes, bancos ou o apoio isquiático, entre outras actuacións

27/12/22 | 14:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as obras da glorieta de enlace da autovía do Salnés coa Estrada PO-504 en Sanxenxo

As actuacións, cun investimento de preto de 48.000 euros, permitiron o acondicionamento da entrada principal deste municipio pontevedrés, tras rematar a pasada primavera a mellora da capacidade no enlace

23/12/22 | 15:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta fomenta a mobilidade sostible coa concesión de 91 axudas para mercar bicicletas eléctricas nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal

A delegada territorial da Xunta, Martina Aneiros, visitou estes días un dos establecementos da zona que se adheriron ao programa Ebici da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

21/12/22 | 16:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executará un aparcadoiro disuasorio con 148 prazas na avenida de Breogán de Lugo mediante un investimento de máis de 1 M€

Situarase nas proximidades dos accesos á N-6 e á N-540 e tamén ao Barrio da Residencia, onde a Xunta está acometendo unha transformación integral

20/12/22 | 16:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta fomenta a mobilidade sostible coa concesión de 76.000 euros para mercar 158 bicicletas eléctricas na provincia de Lugo

O delegado territorial, Javier Arias, explica que este programa continuará o vindeiro ano despois da boa acollida que tivo a primeira edición entre a cidadanía, en especial nas contornas urbanas

20/12/22 | 15:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 160.000 euros a execución dunha parada de autobús intermodal na estación de ferrocarril do Carballiño

Acondicionarase unha parada exclusiva para as liñas interurbanas de autobús de uso regular na parcela situada na explanada frontal da estación de ferrocarril, localizada na avenida O Vinte e Cinco de Xullo

19/12/22 | 14:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas