27/09/22 | 12:37 | A Presidencia da Xunta Rueda avanza que a Xunta investirá o maior presuposto da historia nun proxecto de país que xere oportunidades e certezas ao conxunto da cidadanía galega
Adianta que o Goberno galego aplicará con efectos inmediatos unha deflactación do IRPF nos seus primeiros tramos, ata os 35.000 euros, con efecto retroactivo desde o 1 de xaneiro
Salienta que o teito de gasto para o 2023, que ascenderá a 12.600 M€, un 8,2% máis que no 2022, permitirá combater “o inverno do descontento”
Anuncia que se incorporará unha blindaxe para protexer a máis de 25.000 autónomos ante o prezo crecente das facturas cunha axuda de 1.200 euros anuais de media, o que supoñerá un investimento adicional de 30 M€
Destaca que as áreas nas que máis crecerá o investimento serán as de economía e industria, promoción do emprego e política social
Avanza unha inversión adicional de 50 M€ para que os maiores poidan vivir segundo as súas preferencias e necesidades, coa creación de máis centros de servizos sociais e un incremento de fondos para o Servizo de Axuda no Fogar
Asegura que o ano que vén vaise incrementar en máis de 215 M€ o gasto público en materia sanitaria
Subliña que os Orzamentos Xerais para 2023 incluirán o maior investimento público da historia de Galicia en materia enerxética: duplicaranse os fondos destinados a aforro e eficiencia enerxética (de 40 a 80M), así como os asignados ao pago das facturas dos consumidores máis vulnerables e incrementarase nun 50% a achega para que máis de 66.000 fogares poidan afrontar a subida do recibo enerxético
Avanza que a Xunta vai destinar máis de 33 M€ a fomentar o aproveitamento sustentable e rendible do agro e os bosques e que a contratación dos equipos de extinción de lumes ampliarase a todo o ano
Demanda ao Goberno central a conxelación dos prezos das peaxes nas autovías galegas AP-9 e AP-53