11/08/22 | 11:54 | C. de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades A Cidade da Cultura lanza ‘Olladas máxicas no Gaiás’, un campamento urbano para favorecer a conciliación das familias antes da volta ás aulas
Trátase dunha actividade pensada para fomentar os valores de solidariedade, igualdade e corresponsabilidade a través da arte, a maxia, a música e o deporte
Desenvólvese do 29 de agosto ao 9 de setembro, en dúas quendas, a primeira para nenas e nenos de 4 a 8 anos e a segunda de 9 a 14 anos
Esta iniciativa está incluída no ‘Plan Corresponsables’ da Xunta para ofrecer alternativas de conciliación nas bibliotecas, arquivos e museos de xestión autonómica