14/02/22 | 14:18 | A Presidencia da Xunta Feijóo expón o interese de Galicia por reforzar a relación con Xapón a través de novos proxectos turísticos, educativos e económicos
Salienta o inicio, este mesmo mes, das conversacións con autoridades xaponesas para irmandar tamén o Camiño de Santiago co Camiño Kannon
Afirma que a Xunta seguirá impulsando o coñecemento do galego, a través das relacións académicas, ou o programa de intercambio dirixido a mozos galegos para que pasen unha estancia en Xapón
Avoga por estender a colaboración a outros ámbitos como o científico-técnico, unindo coñecementos en, por exemplo: a oceanografía; a mellora da comercialización de produtos agrícolas, pesqueiros ou de alimentación; a automoción ou a industria naval
Resalta que neste 2022 a Xunta ten previsto abrir unha oficina do Igape en Tokio, co fin de seguir fortalecendo as relacións comerciais e de investimentos con Xapón
Agradece en nome de todo o pobo galego a condecoración, “mostra do recoñecemento ao traballo que desde hai décadas realizan moitos galegos para unir esta Comunidade e o país asiático”