19/07/18 | 10:59 | C. de Economía, Emprego e Industria
O Goberno galego destinou a este taller, especializado na atención sociosanitaria a domicilio e ás institucións e auxiliares da construción, preto de 280.000 euros
No que atinxe á área territorial de Vigo, o orzamento supera os 4,2 millóns de euros para a posta en marcha de 14 obradoiros que benefician a 250 desempregados
O delegado territorial, Ignacio López-Chaves, desprazouse hoxe ata o Edificio Multiusos da localidade para felicitar aos alumnos que completaron a súa formación
18/07/18 | 19:10 | Axencia de Turismo de Galicia
Galicia vén manifestando a súa postura a favor de harmonizar as normativas de vivendas de uso turístico para evitar disparidades entre comunidades e garantir en todo o territorio unha regulación clara e eficaz como está a demostrar ser a galega
O Goberno autonómico está a ordenar con éxito esta actividade co decreto en vigor hai un ano protexendo aos usuarios e aos empresarios do intrusismo profesional e velando pola convivencia de usos nas preto de 6000 vivendas rexistradas
18/07/18 | 18:40 | C. de Educación, Universidade e Formación Profesional
A exposición, que se inaugurou en Vigo o pasado mes de xuño, pode verse na sede de Afundación na Coruña ata o 28 deste mes de xullo
O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, participa na Coruña na presentación da obra que recolle o proxecto de creación visual de LaDiapo
18/07/18 | 17:21 | C. de Política Social
As persoas participantes tamén realizan tarefas de conservación e mellora da contorna natural onde se sitúa o campo, ademais de colaborar en intervencións arqueolóxicas nos castros e xacementos de importante valor patrimonial e turístico existentes na zona
18/07/18 | 16:50 | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra destacou que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, lograse a receptividade do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, en relación cos damnificados da explosión da pirotecnia ilegal
José Manuel Cores Tourís, lembrou que a actividade industrial pirotécnica é competencia da Administración Central
Aproveitou para reiterar a solicitude de colaboración da Deputación de Pontevedra, recordando que, tal e como xa fixo a Xunta, debe apoiar con partidas extraordinarias aos afectados