Xunta de Galicia

Hemeroteca

Novas publicadas hai máis de seis meses

Novas publicadas hai máis de seis meses

Ten dispoñibles para consulta 67.180 novas:
Tanxarina, Borja Fernández, PT Excéntricas, Sarabela e Compañía Ensalle protagonizan a segunda xornada de Galicia Escena Pro

11/06/18 | 14:22  | C. de Educación, Universidade e Formación Profesional

Tanxarina, Borja Fernández, PT Excéntricas, Sarabela e Compañía Ensalle protagonizan a segunda xornada de Galicia Escena Pro

Teatro infantil, propostas contemporáneas e adaptacións libres de autores universais conforman a carteleira que o mercado galego das artes escénicas ofrecerá mañá en catro espazos de Santiago

A Consellería de Cultura e Educación, a través da Agadic, organiza este encontro no que participan uns 200 profesionais, ao tempo que lle abre a súa programación de espectáculos ao público xeral de xeito gratuíto

escoitar
A Xunta completa as reformas no novo arquivo, na fachada e outros espazos do IES Lucus Augusti, cun investimento de  case 209.000 euros

11/06/18 | 14:15  | C. de Educación, Universidade e Formación Profesional

A Xunta completa as reformas no novo arquivo, na fachada e outros espazos do IES Lucus Augusti, cun investimento de case 209.000 euros

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, sinalou que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria traballa para “adaptar este edificio histórico aos requirimentos da aprendizaxe e da sociedade actual”

escoitar
Xunta e organizacións sindicais selan un acordo para a actualización e recoñecemento laboral dos legoeiros, con novas funcións de vixilancia e control da explotación e conservación das estradas galegas

11/06/18 | 13:50  | C. de Infraestruturas e Mobilidade

Xunta e organizacións sindicais selan un acordo para a actualización e recoñecemento laboral dos legoeiros, con novas funcións de vixilancia e control da explotación e conservación das estradas galegas

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, e o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, asinaron hoxe cos representantes de CCOO, UXT, CIG e CSIF un pacto sobre este persoal, no que se recoñece o seu importante papel na conservación de estradas

Os conselleiros destacan que as novas funcións deste persoal permitirán incrementar os medios destinados ao reforzo da seguridade viaria nas estradas autonómicas

Sinalan que o acordo asinado hoxe tamén recolle unha nova denominación para estes profesionais, que pasarán a ser recoñecidos como “Axentes de Estradas”

Explican que o convenio deberá ser ratificado polo Consello Galego de Relacións Laborais e entrará en vigor unha vez se publique no Diario Oficial de Galicia
 

escoitar
A Xunta destina 878.000 euros na comarca de Ferrol para crear 125 postos de traballo a través dos seus programas de emprego

11/06/18 | 13:37  | C. de Política Social

A Xunta destina 878.000 euros na comarca de Ferrol para crear 125 postos de traballo a través dos seus programas de emprego

A Administración autonómica investirá 3,9 millóns de euros na provincia da Coruña para crear 527 postos de traballo

O obxectivo dos tres programas de emprego cos que se apoia a contratación de socorristas, perceptores de Risga e desempregados nos concellos rurais é ofrecer servizos ao cidadán en colaboración coas entidades locais
 

escoitar
A Xunta invita á sociedade a sumarse a unha das 22 batidas de limpeza ‘1m2 pola naturaleza’ para mitigar o impacto do lixo nos espazos naturais

11/06/18 | 13:29

A Xunta invita á sociedade a sumarse a unha das 22 batidas de limpeza ‘1m2 pola naturaleza’ para mitigar o impacto do lixo nos espazos naturais

A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático presentou esta mañá esta actuación que terá lugar o vindeiro 16 de xuño e que está dentro do proxecto ‘Libera: Natureza sen basura’

Trátase dunha gran recollida colaborativa anual para liberar á natureza de lixo ao tempo que se une e conciencia ás persoas na necesidade de evitar este tipo de ataques ambientais nas contornas naturais

Cruz Ferreira indica que esta é a segunda vez que se celebra esta acción en Galicia e espera que se superen os case 160 voluntarios da anterior edición

escoitar
Medio Rural reforza en Ourense a loita contra a avespiña do castiñeiro pola importancia deste cultivo na provincia

11/06/18 | 13:16  | C. do Medio Rural

Medio Rural reforza en Ourense a loita contra a avespiña do castiñeiro pola importancia deste cultivo na provincia

A conselleira Ángeles Vázquez asistiu hoxe en Riós a unha solta do parasito Torymus sinensis, que se emprega en toda Galicia para a loita biolóxica contra esta doenza

No territorio ourensán liberáronse xa 7.757 viais deste insecto, que parasita as postas da avespiña, o que supón a solta duns 275.000 individuos

A Xunta financia con case 166.000 euros o Centro de Desenvolvemento Agroforestal desta localidade, unhas instalacións de referencia para o cultivo da castaña
 

escoitar
A Xunta rematou as obras de seguridade viaria na estrada AC-213 no Concello de Culleredo, no treito entre O Burgo e A Telva

11/06/18 | 13:10  | C. de Infraestruturas e Mobilidade

A Xunta rematou as obras de seguridade viaria na estrada AC-213 no Concello de Culleredo, no treito entre O Burgo e A Telva

Esta actuación, que visitou hoxe o delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, contou cun orzamento de 445.000 euros

O Concello deberá agora comezar os trámites para asumir a titularidade do treito
 

escoitar

11/06/18 | 12:14  | C. de Educación, Universidade e Formación Profesional

A Consellería de Educación concede os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior a 23 estudantes

Educación convoca cada ano estes galardóns, que teñen como obxectivo recoñecer os méritos excepcionais baseados no esforzo e no traballo do alumnado que cursou cun excelente resultado académico estes estudos en Galicia

escoitar

11/06/18 | 12:13  | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Amtega abre mañá o prazo de inscrición no curso para obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática

Ofértanse 180 prazas neste curso de teleformación que comezará en febreiro e rematará en maio, mes no que terá lugar o exame presencial

Os únicos requisitos necesarios son ser maior de 16 anos e estar dado de alta como persoa usuaria da rede CeMIT

No mes de outubro abriranse novas convocatorias de avaliación para aquelas persoas que xa posúan os coñecementos necesarios adquiridos por calquera outra vía ou por autoformación

O certificado, que emite a Amtega, acredita a capacitación en ofimática da persoa titular ante calquera instancia pública ou privada
 

escoitar
A Xunta aposta pola aplicación dos avances tecnolóxicos na vixilancia da actividade pesqueira de cara a unha xestión sustentable do mar

11/06/18 | 12:00

A Xunta aposta pola aplicación dos avances tecnolóxicos na vixilancia da actividade pesqueira de cara a unha xestión sustentable do mar

Mercedes Rodríguez destacou que é necesario buscar programas que beneficien ao medio mariño e ao sector para conservar os hábitats e reducir os efectos das actividades pesqueiras para que sexan economicamente viables e competitivas

escoitar
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados:
Devolver resultados no arquivo de formato
Devolver resultados onde a miña busca aparezca en
Ordear