Xunta de Galicia

Hemeroteca

Novas publicadas hai máis de seis meses

Novas publicadas hai máis de seis meses

Ten dispoñibles para consulta 67.079 novas:

06/06/18 | 18:04  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

Os concellos adheridos á convocatoria centralizada de oposicións á Policía Local xa poden contratar aos auxiliares

Un total de 24 concellos delegaron na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o proceso de selección de candidatos para 109 prazas de auxiliares

Ademais, estes mesmo mes convocaranse as oposicións para as prazas de policía
 

escoitar

06/06/18 | 17:58  | C. de Educación, Universidade e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

‘Elisa e Marcela’ ródase en Celanova co apoio da Xunta

escoitar

06/06/18 | 17:49  | C. do Medio Rural

Medio Rural inicia un proxecto para compensar a pegada de carbono na fronteira entre España e Portugal

A iniciativa, que se presentou hoxe en Vigo, forma parte do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (Poctep) 2014-2020

Conta cun orzamento de 1,38 millóns de euros e será executado xunto á Cámara de Comercio, a transportistas de Pontevedra e asociacións do Alto Tamega (Portugal)
 

escoitar

06/06/18 | 17:41  | C. de Educación, Universidade e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade

O conselleiro de Educación e o alcalde de Ourense reciben os alumnos gañadores do Stockholm Junior Water Prize

Os estudantes gañaron a final nacional do certame e participarán na final mundial o vindeiro mes de agosto

escoitar

06/06/18 | 17:07  | C. de Educación, Universidade e Formación Profesional; C. do Medio Rural

Conecta Fiction Fest amósalle ao público galego o mundo das series desde dentro con proxeccións, talleres e unha exposición

Celebrarase en Santiago os días 21 e 22 de xuño no marco do encontro internacional de coprodución de ficción televisiva Conecta FICTION, coa Xunta de Galicia como principal promotora

Esta primeira edición do festival dedícase en exclusiva á produción de Movistar+, coa presenza de intérpretes como Aura Garrido, Javier Rey e Marta Hazas, os directores Mariano Barroso e Mar Coll e a produtora Teresa Fernández-Valdés

Maratóns e pases de series, presentacións cos equipos, unha preestrea, dous obradoiros e unha mostra arredor de ‘Velvet Colección’ danlle forma a este programa de acceso gratuíto
 

escoitar

06/06/18 | 16:29  | C. de Infraestruturas e Mobilidade

Galicia, Asturias e Castela e León celebran a incorporación do noroeste español á proposta de novo Corredor Atlántico de Transporte

A Comisión Europea acepta a demanda impulsada conxuntamente polos tres Gobernos autonómicos e plasmada nunha declaración institucional asinada en Santiago de Compostela o pasado 9 de outubro de 2017

A decisión, que deberá ser referendada polo Parlamento e o Consello europeo, garantirá fondos comunitarios para a modernización da liña de ferrocarril de mercadorías

O trazado do Corredor Atlántico de transporte incorporará e priorizará a conexión ferroviaria dos portos marítimos e centros loxísticos de Vigo, A Coruña, Xixón e Avilés, a través de Palencia, León, Monforte de Lemos e Ourense
 

escoitar

06/06/18 | 16:05  | C. de Educación, Universidade e Formación Profesional; C. de Política Social

A Xunta entrega este curso máis dun milleiro de pasaportes solidarios a escolares galegos pola súa axuda aos demais

Un grupo de 149 estudantes de 5º e 6º de Primaria do centro ourensán traballaron durante o curso en accións de recollida de alimentos e de produtos básicos para as familias da cidade con menos recursos ou na recadación de fondos destinados a nenos, nenas e adolescentes de países en vías de desenvolvemento

Co obxecto de promover a solidariedade e o voluntariado desde as idades máis temperás están fixados diferentes programas e itinerarios que facilitan a implicación da mocidade ata os 30 anos
 

escoitar

06/06/18 | 14:57  | C. de Política Social

Mondariz súmase aos 67 concellos galegos adheridos xa á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e o rexedor Xoán Carlos Montes asinaron hoxe o acordo polo que este municipio delega as súas competencias en disciplina urbanística no organismo autonómico

A APLU asumirá a inspección, o control e a reposición da legalidade en relación ás obras e aos usos do solo que se executen no ámbito do municipio

Mato Otero destacou a importancia de que a inspección urbanística chegue a todos os concellos de Galicia co fin de recuperar as paisaxes degradadas por ocupacións e usos ilícitos e reparar o impacto causado por este tipo de actuacións
 

escoitar

06/06/18 | 14:36  | C. de Educación, Universidade e Formación Profesional; C. de Sanidade

O conselleiro de Sanidade subliña a importancia de fomentar unha conciencia solidaria favorable á doazón e o transplante entre o alumnado galego co gallo

Jesús Vázquez Almuiña presidiu hoxe o acto de entrega dos premios aos galardoados no I Concurso de Carteis para Escolares relacionado coa doazón e o transplante, que contou co patrocinio de GADIS

O titular de Sanidade do Executivo galego lembrou, na data da conmemoración do Día Nacional do Doador, que, grazas a solidariedade cidadán no ano 2017, Galicia acadou un cifra récord de 340 transplantes de órganos
 

escoitar
A Xunta presenta a súa iniciativa para a xestión e o control do tráfico aéreo compartido ante os principais expertos do mundo nesta materia

06/06/18 | 13:47  | C. de Economía, Emprego e Industria; C. de Infraestruturas e Mobilidade

A Xunta presenta a súa iniciativa para a xestión e o control do tráfico aéreo compartido ante os principais expertos do mundo nesta materia

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou esta mañá en Madrid nun panel de expertos no marco da II Conferencia da Global UTM Association (GUTMA)

Argerey explicou os proxectos cos que Galicia busca dar resposta ao reto da navegación compartida de drons e aeronaves tripuladas, no marco do polo tecnolóxico e industrial que está a impulsar a Xunta

A GUTMA é un consorcio internacional que reúne aos principais expertos do mundo en control de tráfico aéreo de sistemas non tripulados
 

escoitar
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados:
Devolver resultados no arquivo de formato
Devolver resultados onde a miña busca aparezca en
Ordear