13/06/19 | 13:58 | C. de Infraestruturas e Mobilidade A Xunta adxudica as obras da rede de saneamento da vertente oeste do lugar de Chacín, no Concello de Riotorto, por importe superior aos 48.000 euros
A actuación completa o saneamento deste lugar, tras realizar o Concello lucense no ano 2017 as obras na parte leste, cun investimento autonómico de 60.000 euros
Esta nova intervención dispón dun prazo de execución de 2 meses e consiste na construción da rede de colectores para canalizar as augas residuais de 10 vivendas
Toda a rede conectaranse co novo sistema de depuración composto por unha fosa -filtro compacta, para unha capacidade de 30 habitantes
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade coopera cos Concellos a través de Augas de Galicia para que a cidadanía dispoña de servizos axeitados, especialmente á hora de garantir a calidade de vida dos que habitan o medio rural