Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Fernández-Tapias e Anxo M. Lorenzo presentan o tradicional Certame de Rondallas que reunirá no Ifevi a 14 agrupacións da área de Vigo
A delegada da Xunta en Vigo e o director xeral de Cultura avanzaron os detalles da quinta edición da exhibición que se celebrará o vindeiro 15 de xaneiro
A Xunta facilita a visita ao público e dota de material multimedia o campamento romano de Ciadella
Neste último ano realizáronse tres proxectos de estudo con xeorradar, restitución de estruturas e mellora do percorrido guiado con códigos QR e vídeos informativos
A Xunta formará ao alumnado de 25 colexios galegos no respecto e no coidado do territorio grazas a unha nova edición de ‘Eu son inspect@r urbanístic@’
Entre xaneiro e xuño, persoal da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística impartirá obradoiros e actividades lúdicas e pedagóxicas nos centros participantes
Os certames ‘Inventa en galego’ e ‘Novos poliedros’ premian a innovación científica e o uso da lingua galega entre a mocidade
O secretario xeral de Política Lingüística participa na entrega do galardón do concurso ‘Inventa en galego’ ao instituto IES Plurilingüe Eusebio da Guarda (A Coruña)
Iníciase o proceso de declaración BIC do conxunto arquitectónico de Barcia de Mera como mostra excepcional do barroco no rural galego
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o expediente na categoría de monumento que abrangue a igrexa parroquial, a casa reitoral, espazos anexos e bens mobles
Unha nova achega da Xunta no Colexio do Cardeal eleva o investimento en rehabilitación a case 800.000€
O Goberno galego destinará máis de 110.000€ á restauración do retablo da capela das Reliquias, que se adxudicará a finais de ano cun prazo de execución de nove meses
A Xunta impulsa o intercambio cultural e lingüístico de 200 alumnos galegos con escolares das rexións de Hauts-de-France e Bretagne
A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades destina a estas iniciativas un orzamento total de 80.000€
Galicia reforzará a educación de adultos cunha nova lei para impulsar o acceso desde o rural e a conciliación coa vida laboral e familiar
Rueda resalta que o obxectivo é “actualizar e adaptar” a actual normativa, que é de hai 30 anos, “ás necesidades da sociedade actual”
A Xunta incorpora 30 novos centros ao programa ‘Radio na Biblio’ e fomenta o voluntariado cultural
Un total de 167 participan na iniciativa de laboratorios de radio escolares
A Xunta incrementa o apoio aos museos galegos para a actualización e conservación dos seus fondos e mellorar a súa difusión
Ábrese a nova convocatoria das axudas por 200.000 euros das que, na primeira edición, xa se beneficiaron unha vintena de centros públicos e privados