Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta inviste preto de 90.000 euros na creación e mellora de áreas cortalume en máis de 157 hectáreas dos concellos de Viana do Bolo, A Mezquita, A Gudiña, Castrelo do Val e Riós
Trátase dun total de 10 actuacións para avanzar na anticipación aos incendios forestais no distrito XIV Verín-Viana, moitas delas situadas en zonas de alto risco
A Xunta concedeu 16 axudas na comarca do Barbanza ao sector agrícola de máis de 105.000€ para impulsar o uso de enerxías renovables e a eficiencia enerxética
A Xunta ampliou o ano pasado ata os 3,7M€ estas axudas para reducir os custos enerxéticos e para mellorar a competitividade deste tipo de explotacións
A Xunta aposta por aproveitar os fondos Next Generation para seguir a impulsar a dixitalización das pemes galegas
O director do Igape, Fernando Guldrís, participou esta mañá na Coruña nunha xornada organizada no club empresarial Nordés na que puxo en valor a importancia de aproveitar o novo escenario económico provocado pola pandemia para que estes fondos de recuperación faciliten a transformación económica e social
A Xunta dá conta da adxudicación de 44.000 m2 de solo na Plisan a dúas empresas galegas
A conserveira Frinsa adquirirá dúas parcelas de forma directa por 2,63 M€ e a empresa de augas Gainser contará cunha parcela en réxime de dereito de superficie e por un prezo de remate de case 190.000 €
Galicia rexistra un total de 16.365 casos activos por coronavirus
Un total de 481.790 pacientes xa están curados
Os barcos históricos do “Exploraterra” chegan hoxe a Baiona da man da Xunta e Fundación Nao Victoria
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na recepción da Nao Santa María e a carabela portuguesa Veracruz, que poderán visitarse de balde no porto deportivo do 2 ao 6 de marzo coincidindo coa Festa da Arribada
Xunta e concellos acordan colaborar na redacción do Plan reitor das Fragas do Eume que blindará novas oportunidades para o Parque Natural
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda contactará con todos os axentes implicados de Cabanas, A Capela, Monfero, Pontedeume e As Pontes para darlles a coñecer os obxectivos do PRUX
Luis López convida aos locais de restauración e aloxamento de Deza e Tabeirós a aproveitar 'o potencial da orde de axudas da Xunta para a súa modernización, dotada con 2 M€'
O delegado territorial, Luis López, informou da nova convocatoria nunha visita, xunto ao alcalde de Lalín, José Crespo, ao Pazo de Bendoiro, que foi un dos catro establecementos beneficiarios das dúas bisbarras na convocatoria do pasado ano
A Xunta financia a modernización de equipamentos e de medidas de seguridade na Biblioteca Municipal da Illa de Arousa
O delegado territorial en Pontevedra, Luis López, acompañado polo alcalde, Carlos Iglesias, supervisou esta actuación na coñecida como Casa de Godoy, á que se dotou de equipos informáticos, cortinas, mesas, cadeiras, sistemas antirroubo e un plan de emerxencias
A Xunta destaca a coordinación dos servizos de emerxencias para reducir os riscos e os efectos das inundacións
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, lembrou no Parlamento galego que a Xunta actualizou en 2020 o Plan especial de Protección Civil ante o risco de inundación (Inungal)