Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Galicia abandona a mesa de traballo do Ministerio de Educación sobre a nova ABAU ante a negativa do Goberno central a escoitar as propostas autonómicas
A Xunta comparte esta decisión con outras comunidades xa que o Goberno do Estado non ten en conta ningunha das principais achegas construtivas que lle foron elevadas
Román Rodríguez refírese á creación do Consorcio de Santiago hai 30 anos como un fito decisivo para a evolución e a conservación do patrimonio
Salienta que o conxunto histórico como hoxe o coñecemos non se podería explicar sen os 30 anos deste organismo e animou a sentar as bases das próximas décadas
O Museo Arqueolóxico de Ourense leva á sala de Afundación unha nova exposición con preto dun cento de pezas representativas da cultura castrexa
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugura ‘Plástica castrexa’, a nova mostra que pode verse ata o 26 de febreiro
A Xunta colabora na primeira tradución ao galego da obra ‘A miña irmá Antonia’ de Valle-Inclán
O secretario xeral de Política Lingüística participa na presentación deste traballo de Rocío Viéitez, que vén acompañado dunha recompilación de fotografías de Adolfo Enríquez e dun facsímile do orixinal
A Xunta abre a terceira edición da Residencia Xacobeo para que tradutores de todo o mundo viaxen á Coruña para exportar obras en galego
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presenta a nova convocatoria xunto a escritora e promotora da Residencia Literaria 1863 Yolanda Castaño, onde o beneficiario realizará a estadía para traballar e investigar
A Unesco inscribe o programa educativo galego Ponte...nas Ondas! no Rexistro de Boas Prácticas
A candidatura conxunta de Galicia e Portugal acada este recoñecemento, unha distinción que só obtiveron hoxe catro propostas a nivel internacional
A Xunta contribúe á nova programación escénica de Santiago con 15 pases de sete espectáculos dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios
O director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participou na presentación da carteleira de teatro e danza que despregarán o Teatro Principal e o Auditorio de Galicia no primeiro semestre de 2023
A Xunta achega a Tui un percorrido fotográfico pola historia do Camiño Portugués a través de imaxes de 35 fotógrafos de ambos lados da raia do s. XIX ata hoxe
Tras congregar máis de 32.000 visitantes na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, e no Museo do Mar, en Vigo, poderá visitarse ata o 29 de xaneiro