27/12/22 | 13:45 | C. de Facenda e Administración Pública Máis do 97% dos concellos galegos conta con sede electrónica
A porcentaxe de municipios con este servizo, esencial na dixitalización da administración, incrementouse en preto dun 23% en catro anos
0 94,7% dos concellos galegos contan cun portal de transparencia, preto dun 9% máis que en 2019
No ano 2021 o teletraballo estaba presente en preto do 70% dos concellos da Comunidade
Ademais, o 29% das entidades locais suprimiu a obriga de achegar algunhas documentacións para realizar trámites e o 51,1% substituíu a obriga de achegar documentos por declaracións responsables
Afiánzase o uso das redes sociais nas comunicacións coa cidadanía con Facebook á cabeza, seguida de Instagram e Youtube